Ribadeo, 10 de xaneiro de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía ribadense, Daniel Vega, pide que se aclaren as contas da pista de xeo de Ribadeo.
“Despois de ler no xornal o déficit que deixou a pista de xeo, preguntámonos: Cal foi o prego de condicións desta licitación? Os veciños esperan respostas e explicacións, resumindo: Canto custou a pista? Canto ingresou o concello por esta actividade? Gustaríanos que nos aclarasen as contas porque se sumamos os 40000 euros de gastos totais e o déficit de 27000 euros, a pista sae en 67000 euros, a frioleira de máis de 11 millóns das antigas pesetas. Da frío pensalo!”, manifesta Daniel Vega.
O candidato do PP a Alcaldía de Ribadeo engade: “Onde está a experiencia positiva da que fala o alcalde? Tres anos dando déficit. Cremos que hai que buscar unha mellor xestión para unha actividade que nos parece axeitado ofrecer”.