Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno está a poñer ao día todo o que o PP non fixo por Lugo en 7 anos, di a Subdelegada

Lugo, 4 de xaneiro de 2019. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que “o Executivo está a poñer ao día todo o que o PP non fixo nesta provincia nos 7 anos que gobernou España”.

Isabel Rodríguez expresou a súa sorpresa polo repentino interese que parecen demostrar os deputados do Partido Popular polas necesidades dos lucenses e explicoulles que o Goberno traballa para superar o estado de abandono das infraestruras da provincia que eles toleraron durante 7 anos.

“É unha mágoa que estes deputados esqueceran durante todo ese tempo os intereses dos lucenses e que estiveran mudos mentres o anterior Goberno mantiña nun absoluto abandono as nosas infraestruras”, destacou a subdelegada.

Así, Isabel Rodríguez lembrou que o anterior Goberno nunca contemplou o AVE para Lugo, pois o ministro De la Serna só falou de melloras ferroviarias e “estes deputados estiveron calados cando o Goberno meteu nun caixón durante 8 anos o proxecto para a construción da intermodal de Lugo, que nos últimos meses quixeron refacer. Tampouco dixeron nada mentres as estradas da provincia se enchían de fochancas. Non se queixaron de que o seu Goberno incumpriu a obriga de inspeccionar a Ponte Blanca de Lugo. E nin siquera se molestaron en pedirlle a Fomento que gastara 47.000 euros en iluminar a Ponte dos Santos”.

A subdelegada explicou que, entre outros moitos proxectos, o Goberno traballa na mellora das infraestruturas da provincia, con obras de emerxencia nas estradas, sacou a información pública o primeiro treito da Autovía da Mariña, deulle un pulo á A-76 coa formalización do contrato de redacción do proxecto da circunvalación de Monforte e avanza no deseño dunha nova estación intermodal para que Lugo estea ao mesmo nivel que o resto das ciudades galegas.

Exit mobile version