Lugo, 10 de xaneiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, manifestou que o Goberno “cumple con Lugo e comeza a sacar a provincia de sete anos de abandono, como explicou onte o Delegado do Goberno, Javier Losada”.
Isabel Rodríguez lembrou que “Lugo non ten nada que agradecerlle ao PP.
Nesta provincia, todos sabemos o estado de abandono no que nos sumiu o PP, tanto nas infraestruturas como na atención ás persoas”. Por iso, “entendo que se poñan nerviosos, pero, como en Lugo temos memoria, eu recoméndolles un pouco de calma e que fagan autocrítica”.
Rodríguez explicou que “tal como deixou claro onte o Delegado, no pequeno relatorio do moito que leva feito nuns meses este Goberno, nós non gardamos no caixón ningún proxecto que mellore a vida dos lucenses como fixeron eles coa Estación Intermodal de Lugo, o que facemos e darlle pulo aos proxectos que saquen á provincia de sete anos de abandono”.
A subdelegada aclarou que este Goberno ten como prioridade atender as necesidades das persoas, por iso “nós traballamos na defensa dos intereses e da seguridade dos veciños, que llo pregunten, por exemplo, aos concellos de Lugo ou de Ribadeo. A ver quen se fixo cargo das inspeccións na Ponte Blanco sobre o río Miño. Quen volveu iluminar a Ponte dos Santos que o PP se negou a asumir”.
Pola contra, a subdelegada do Goberno destacou que Lugo segue a sofrir as consecuencias da xestión do PP nas institucións que goberna e preguntouse “quen anulou as agachadas os acordos para a devolución dos edificios da Vella Residencia que hoxe continúan adscritos á Xunta para fines sanitarios.