Cervo, 30 de xaneiro de 2019.- O Concello de Cervo continúa a mellorar as instalacións deportivas municipais.
Nesta ocasión, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados por varios membros da directiva do C.D. San Ciprián, estiveron supervisando os traballos de valado de todo o perímetro do Campo Municipal da Veiga, que xa comezaron, e que se estima que estean rematados antes do seguinte partido a domicilio, o 17 de febreiro, ante o Pastoricense.
A actuación, consistente na fixación de valos dun metro de altura, conta cun orzamento de 15.000 euros procedentes das arcas municipais, e ten por finalidade separar o terreo de xogo da zona destinada ao espectador. Ata o momento, só estaba pechado un dos frontais do campo.