Cervo 16-1-19. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, informou de que “ata o día 30 deste mes está aberto o prazo de solicitude de árbores froiteiras”. A veciñanza pode sumarse a este pedido conxunto que suporá un importante aforro, cubrindo o impreso que xa está a disposición no Rexistro Xeral do Concello. Hai dispoñibles máis de 30 especies diferentes.
Méndez precisou que con esta iniciativa que levamos xa facendo varios anos, o que “pretendemos é animar aos cervenses a que revitalicen as súas fincas coa plantación destas árbores, para que cada vez sexan máis produtivas”.