As monitoras explican que “nesta ocasión utilizamos rollos de papel hixiénico, baleiros e convertémolos en flores, árbores ou ranas. Desta maneira os rapaces aprenden que ás veces algo que nun principio vai para o lixo pode converterse nun xoguete ou un adorno e á vez o proceso de transformación pode ser divertido e creativo”.
