Site icon Crónica3.com A Mariña

No 130 aniversario do nacemento do pintor viveirense Manuel Bujados, proponse a cesión dunha colección particular de Antonio Lage-Seara, con máis de 20 traballos orixinais impresos

Viveiro 17-1-19. Con motivo do 130 aniversario do nacemento do pintor viveirense Simbolista, Manuel Bujados, proponse a cesión, dunha colección particular de Lage-Seara, con máis de 20 traballos,orixinais impresos, realizados polo artista nos anos 10/20 para a prestixiosa “La Esfera”. Unha revista de luxo, 1914-1931 a cor e con bos acabados,
que foi considerada a mellor da época a nivel mundial, na que colaboraron Emilia Pardo-Bazán, Unamuno, Jacinto Benavente, José Francés, Kaulak, Pérez de Ayala,
Wenceslao Fenádez Florez, Juan Ramón Jiménez, Manuel Machado…

O artista é un dos máis grandes ilustradores de principios do séclo XX, o Gustav Klimt español, precursor do prerrafaelismo inglés e o Art Decó.
Na súa época colleitou éxito profesional, ademais de aportar innovación e calidade.

É unha aposta clara pola divulgación do seu legado artístico, vencellado a un mundo
máxico, fantásico, místico, fúnebre, melancólico… Na arte é un moi recoñecido, quizais xunto a Maruja Mallo, os máis internacionais, nado na vila en 1889 e finado na Arxentina en 1954. Ter para desfrute público, parte do seu traballo sumaría á gran riqueza patrimonial e cultural. A mellor forma de estudalo, velo e vivilo, de facerlle unha homenaxe, un guiño real, e que persista no tempo un persoeiro tan importante para Arte nacional.

A día de hoxe, teñen no seu depósito obras del institucións públicas coma
A Deputación de Lugo, Xunta, privadas coma Abanaca ou particulares.

Coa cesión, o Concello de Viveiro, ampliaría a súa oferta cultural ó mesmo tempo de ensalzar a figura. As condicións e obrigas, serían tratadas polas partes, sinxelas e sen coste, por un período de 25 anos renovable ou doación vitalicia, negociación
da enmarcaxe dos mesmos para expoñelos permanentes, nun lugar público e visible con vinilo informativo.

Exit mobile version