Site icon Crónica3.com A Mariña

“MÁIS INCUMPRIMENTOS DO ALCALDE DE RIBADEO E DO SEU EQUIPO DE GOBERNO”, por Daniel Vega

Seguimos analizando os incumprimentos do alcalde de Ribadeo e do seu equipo de goberno, pois o programa electoral do BNG do ano 2011 da para seguir traballando ata o 2022 polo menos, porque alí nos atopamos coa promesa de crenar e renovar o céspede do Estadio Pepe Barrera; e a estas alturas o alcalde está pedindo axuda a outras administracións para levalo a cabo. Tamén íamos ter pistas de skate, paddle, tenis e atletismo, así como a planificación dun campo de fútbol 11 artificial. Todo debe seguir na fase de plans, porque a vista está que non se executou.
Respecto as infraestruturas viarias teríamos xa no 2015:
un paso soterrado por debaixo da liña de FEVE na zona dos Garitos. E só chegamos a ter algunha nova beirarrúa no 2019.
a ponte de Ove sobre a liña do tren ampliada. E os rapaces ben deitan dos chalecos e os anxos da garda para que non os atropelen cando van entrenar.
unha ponte peonil sobre a circunvalación nos Malatos. E nada de nada.
novas prazas de aparcamento. Cada día máis rúas peonís (o que non está mal), pero sen ningunha previsión de aumentar aparcamentos.
E unha moi boa idea era o saneamento para o rural, pero a cousa vai moooooi lenta nalgunhas parroquias e outras nin sequera soñan con el.

Daniel Vega (PP Ribadeo)

Exit mobile version