Lugo, 30 de xaneiro de 2019. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe da importante aportación que fan os Presupostos Xerais do Estado para 2019 á mellora da calidade de vida dos mariñáns, que sintetizou no feito de que “estes Orzamentos van beneficiar a máis de 25.000 persoas da comarca que viven dunha pensión”. Ademais do seu marcado carácter social, os Orzamentos do Estado para 2019 reservan máis de 9,5 millóns de euros para investimentos directos nos concellos da Mariña.
Estes datos son proba, explicou a subdelegada que “e que o Goberno aposta con estes Presupostos pola Mariña e por Lugo, xa que o investimento real en obra pública no conxunto da provincia aumenta este ano un 18,24% respecto do previsto nos Presupostos do ano pasado, ata alcanzar a cifra de 71,2 millóns de euros, nunhas contas que teñen como principal obxectivo atender ás persoas máis vulnerables, que foron as que resultaron máis castigadas polos recortes dos gobernos do PP”.
“O Goberno implícase na recuperación do Estado do Benestar e faino sen desatender as obras que modernizarán a Mariña e o conxunto da provincia e mellorarán a calidade de vida dos mariñáns e o resto dos lucenses”, aclarou a subdelegada. De feito, “nas contas do Estado para 2019, o Goberno dálle prioridade a colectivos como os pensionistas, os desempregados, ás mulleres maltratadas ou aos mozos que precisan dunha bolsa para poder estudar, que foron vítimas das políticas regresivas dos gobernos do PP”.
Isabel Rodríguez detallou que a revalorización das pensións beneficiará a na Mariña a 25.004 veciños residentes nos distintos concellos desta comarca. Os pensionistas tamén se beneficiarán da supresión progresiva do copago farmacéutico. Do mesmo xeito, os Presupostos do Estado para 2019 aumentan a 30,5 millóns de euros as partidas para becas para chegar a 52.426 estudantes. A recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos supón un investimento de 15,1 millóns para chegar a 5.343 galegos e galegas. E, ademais, 61 concellos da provincia de Lugo poderanse adherir ao programa para facerlle fronte ao reto demográfico que conta con 80 millóns de euros para concellos con menos de 10.000 habitantes.
9,5 MILLÓNS EN OBRAS
Estas importantes medidas sociais refórzanse cos investimentos que levará a cabo o Goberno para mellorar as comunicacións e a calidade de vida dos veciños da comarca. Así, a subdelegada detallou que a Mariña beneficiarase dun investimento directo en obra pública na comarca de 9.572.490 millóns de euros, para obras que se executarán nos distintos concellos mariñáns.
A partida de maior cuantía, 5 millóns de euros, está destinada ao sistema de protección antinéboa da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. A N-642 dedícanse 2.280.620 euros para a rehabilitación de firme. Para a autovía da Mariña, A-74, nos Orzamentos inclúense tres partidas que suman máis de 1,8 millóns de euros, dos que 1,2 millóns son para o treito Burela-San Cibrao, 446.000 para o de Foz a Burela e 100.000 para Barreiros-Foz.
O ministerio de Fomento tamén ten prevista, en Mondoñedo unha actuación, dentro do programa de rehabilitación arquitectónica para o acondicionamento dunha parcela para aparcamento na Travesía Casas Novas, ao que os Presupostos de 2019 dedican unha partida de 15.450 euros. Outros programas de Fomento son para axudas á rehabilitación de vivenda ou subvencións ao transporte.
Pola súa parte, o ministerio de Transición Ecolóxica reserva unha partida de 430.000 euros para actuacións na costa da Mariña.
A estes investimentos hai que engadir outras partidas programadas para actuacións que se levarán a cabo no conxunto da provincia ata acadar a cifra total de 71.224.690 euros. Así, o investimento real en estradas da provincia é de 43,45 millóns de euros. O Presuposto inclúe partidas para as autovías A-54, A-56, A-74 e A-76, ademais de 26 millóns de euros para a conservación de estradas, así como 9,4 millóns para adecuación dos túneles ao RD 635/2006 sobre seguridade e os 5 millóns de euros para medios antinéboa na A-8. Ademais, nos Presupostos para a provincia destaca o aumento nun 96,1% do investimento na modernización do ferrocarril, que pasa dos 8,8 millóns de 2018 aos 17,4 neste ano. Os investimentos máis relevantes de Adif son os 8,8 millóns de euros para a renovación de variantes da liña Monforte-Lugo e os 5,1 millóns para a electrificación da liña Monforte- Lugo.
PRINCIPAIS INVESTIMENTOS DE FOMENTO NA PROVINCIA
Confederación Hidrográfica Miño-Sil (Lugo, Ourense e Pontevedra)
15.380.000
Adecuación de túneles de estradas de Lugo al RD 635/2006 sobre seguridade
9.435.740
Renovación Variantes liña Monforte Lugo (Adif)
8.800.000
A-54. Tramo Vilamoure-Nadela e conexión con Lugo
5.813.280
Electrificación liña Monforte Lugo (Adif)
5.100.000
A-8. Sistema de protección antinéboa na Xesta
5.000.000
A-56. A Barrela (Lugo)-San Martiño (Ourense)
3.370.000
A-54. Melide (A Coruña)-Palas de Rei (Lugo)
3.251.270
N-642. Rehabilitación do firme
2.280.620
RENFE
2.171.000
A-74. Burela-San Cibrao
1.299.510
SEPI
1.258.000
Intervención no Camino Francés en concellos de Lugo
1.200.000
A-74. Foz-Burela
446.910
A-76. Circunvalación de Monforte
422.290
Actuacións de Costas
430.000
Conservación e restauración Mosteiro San Vicente do Pino (Monforte)
400.000
Actuacións en instalacións de seguridade ferroviaria
338.000
Estacións de ferrocarril
318.000
Actuacións en infraestruturas ferroviarias
268.000
N-547. Melloras dos cruces dos Camiños de Santiago
200.000
N-540. Rehabilitación do firme
200.000
L.A.V. Ourense-Lugo
160.000
Consolidación estrutural da Muralla de Lugo
150.646
A-54. Narón-Guntín e intercambiador Guntín
150.000
Rehabilitación Pazo Xeneral Paredes. Portomarín
150.000
Protección de pasos entre andéns ferroviarios
145.000
Inversións transversais ferroviarias
126.000
Obras da Garda Civil
100.000
N-VI. Mellora seguridade en glorieta Outeiro de Rei
100.000
A-74. Barreiros-Foz
100.000
Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL)
90.000
A-8. Guitiriz-Lavacolla
50.000
A-56. Lugo-Ourense
20.000
Aparcamento en Mondoñedo
15.450