Burela 7-1-19. O alcalde de Burela contou tamén que “estes días estamos tendo reunións, xa levamos dúas, da comisión que nos estamos encargando de facerlle a homenaxe a don Benjamín González Quelle, o que fora cronista oficial de Burela”.
Alfredo Llano explicou que “o día 18, ás sete da tarde, haberá unha misa e, ás oito da tarde no auditorio de Burela haberá un acto conmemorativo que vai consistir en actuacións de música clásica e a participación de cinco ou seis persoas que dirán algo sobre don Benjamín con motivos históricos, persoais, da súa obra, literarios, etc…”
O rexedor engadiu: “queremos que sexa un acto máis ou menos duns corenta minutos, e estamos facendo reunións para seleccionar tamén as fotografías que imos proxectar nesa homenaxe para falar de varios temas como os históricos, que son interesantes aquí en Burela. Estamos coordinándonos para que sexa un acto emotivo e de recoñecemento a esta persoa que foi durante moitos anos párroco de Burela, e ao mesmo tempo profesor cronista oficial”.