Foz 30-1-19. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos meses levamos debatido nesta corporación a compra dos terreos enfronte da Casa da Cultura (solar Vialmar), a proposta do BNG, solar que se aprobou nesta Corporación que se consultara o seu valor por parte do Concello, para intentar a súa compra e darlle un aproveitamento municipal.
“Foz, Plataforma de Futuro”, apoiamos esta iniciativa e seguimos defendéndoa.
Así mesmo dende a nosa formación presentamos unha moción para que se fixeran os trámites necesarios, dende o Equipo de Goberno, para a construción dun auditorio no noso concello, tal e como Foz merece, moción que foi aprobada por esta corporación.
Ahora vemos como o PP se aproveita desta moción para facer campaña, e o Alcalde do noso concello, fai unhas declaracións nos medios de comunicación, explicando que fixera unhas xestións diante do Presidente da Xunta para poder facer fronte á construción de dito auditorio, e así mesmo, manifestaba a intención de que este se fixera en terreos do actual Asilo de Anciáns.
Despois de analizar a situación dende “Foz, Plataforma de Futuro”, parécenos que non sería a mellor ubicación, sobre todo pensando nas zoas de aparcamento e mellores acesos para dar uso a un auditorio que traería moitos veciños dos pobos cercanos.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz, se proceda a seguir cos trámites e buscar fontes de financiación, para a compra dos terreos de Vialmar enfronte da Casa da Cultura e destinalos a construir o Auditorio tan desexado por todos nos nesta ubicacíon.