Foz, 8 de xaneiro de 2019. Este venres, día 11, da comezo unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz e na que se repartirán 2.400 euros en vales de compra. En total participan nesta cita 46 establecementos focenses: 35 comercios e servizos e 11 locais hostaleiros.
Os sorteos do Campañazo de xaneiro do CCA de Foz terán lugar os días 11, 18 e 25 de xaneiro e tamén o 1 de febreiro. Cada venres poranse en xogo 600 euros en vales de compra, 300 para o primeiro que cante o bingo e 300 para o resto dos cartóns premiados.
Os 11 locais de hostalería que participan no Campañazo de Foz son: A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Casa Damián, Costumes do Mar, Pizzería Xoíña, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma. Tamén se inclúen no Campañazo os seguintes establecementos comerciais e de servizos: Alain Afflelou Centro Óptico, Asesoría Marcos Fernández, Casa Moreda, Cenor Belanorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco nº2 (García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda Intima, María Docampo, Mi Momento Gourmet, MRW, N1 Zapatillas, OfiFoz, Pastelería Anduriña, Peluquería Luz, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz e Viajes Rodríguez.
Os sorteos realizaranse en directo e poderán seguirse a través de Radio Foz, no 107.4 da FM, a partir das 23:00 horas. Colaboran co CCA Foz no desenrolo desta actividade: Concello de Foz e Radio Foz.