Os membros do Comité Executivo de Hostelería de España, entre os que está Cheche Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, mantiveron unha reunión coa Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, na que lle trasladaron as principais inquitudes do sector. O acto tivo lugar no restaurante Palacio de Cibeles, en Madrid este martes.