Site icon Crónica3.com A Mariña

“CARTA AOS REIS MAGOS” polo PP de Ribadeo.

Queridos Reis Magos:
Dende o Partido Popular seguimos revisando o prometido no 2011 polo noso alcalde e o seu equipo, e como quedamos con vostedes imos comentarlles as nosas reflexións.
O país galego non pasa un dos mellores momentos en canto a demografía, pero Ribadeo é un lugar de servizos e tenta que a xente que viva na nosa vila poida conciliar a vida familiar e laboral. Onde vai a escola infantil que nos prometía o actual alcalde? Onde está o punto de encontro familiar que ía crear?
Os maiores tamén contaban co servizo de lavandería sobre rodas… pero non chegou. E tampouco o préstamo de material ortoprotésico…
Solicitou vostede o servizo de rehabilitación do Sergas pola tarde? Seguro que na prensa si, pero… por vía oficial?
Ía poñer en valor o Castro das Grobas e… supoñemos que segue no mesmo sitio, e co mesmo valor arqueolóxico (Ver foto)
O papel que todo o aguanta tamén dicía que a Casa do Mar acabaría convertida na Casa da Música e que se ampliaría a Fototeca virtual de Ribadeo…
Que pasou con estes proxectos? Non lle deu tempo a levalos a cabo?
Menos mal que eran as propostas para o período 2011-2015!!
Hemos de seguir lendo ese programa… e contando en que quedou (2 de 4)
PP Ribadeo

Exit mobile version