Lourenzá 16-1-18. Ata Oviedo desprazábanse o sábado Ana Vallines e Marcos Rivas para tomar parte na proba de control de 1500 en pista cuberta.
Ana Vallines realizaba 5:16:65 (a 3,30 o km.) e Marcos Rivas conseguía un 4,54,25 (a 3,16 o km.), polo que ambos poderán participar no Cto. Galego xuvenil que se disputará o vindeiro domingo día 20 en Ourense, aínda que Ana ten tamén marca en 3000 realizada esta tempada en Ourense e terá que decidirse entre ambas probas.
Ademáis a benxamín Lidia Balseiro lograba a mellor marca persoal do ano o sábado na pista cuberta de Riazor con un 1,47,95 en 500 lisos.