Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz despide o 2018 cun balance positivo do sector turístico

Alfoz, 1 de xaneiro de 2019. Veciñas e veciños de Alfoz achegáronse o Castelo do Castrodouro o pasado luns 31 de decembro para despedir o 2018 e brindar por un ano cheo de novos proxectos que sigan afianzando a Alfoz como destino turístico de referencia na Mariña Lucense. 
A Área de Cultura e Turismo de Alfoz fai un balance positivo da actividade turística no concello durante o ano 2018, no cal o Castelo do Castro de Ouro rexistrou máis de 9300 visitas, mantendo así unha actividade turística similar a do ano anterior.
Durante as xornadas ordinarias de apertura da oficina de turismo rexistráronse 7014 visitas, ás que se suman as máis de 2300 visitas rexistradas durante a xornada do sábado do XX Mercado Medieval.
Os visitantes que se achegaron a Alfoz durante este ano 2018 proceden principalmente de Galicia, Madrid, Castela e León e Asturias. Cabendo destacar tamén a afluencia de andaluces, cataláns e vascos. En canto aos visitantes internacionais, recibíronse visitas principalmente dende Alemaña, Arxentina, Bélxica, EEUU, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Portugal e Reino Unido
Durante o período de Nadal o Castelo do Castrodouro permanecerá aberto mércores 2, xoves 3 e venres 4 de 11 a 14 horas e o sábado 5 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. Durante o resto do ano, o Castelo do Castro de Ouro poderá visitarse sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. En Semana Santa e durante os meses de xuño a setembro os días de apertura serán de martes a domingo.

Exit mobile version