Site icon Crónica3.com A Mariña

Adaptación do mobiliario na ordenanza de terrazas de Viveiro

Viveiro, 4 de xaneiro de 2018. O vindeiro día 7 de xaneiro remata a moratoria concedida ás terrazas do ámbito de Misericordia, Cantarrana e Covas -incluíndo as terrazas dos establecementos de Parquemar, tanto as que se instalan na parte dianteira como na parte de atrás- para a súa adaptación á Ordenanza Municipal de Terrazas de Veladores.
Despois das últimas reunións sobre este asunto, o concello deixou pasar o período estival e as festas de nadal e estableceu a data do 7 de xaneiro como prazo límite para estas actuacións; así se fixo saber aos propietarios de establecementos hostaleiros con terrazas nesta zona mediante un escrito remitido o pasado mes de decembro e, consecuentemente, a partir da próxima semana, a Policía Local realizará as comprobacións necesarias, instando a inmediata retirada de todo mobiliario ou instalación que non se adapte á normativa referida.

Exit mobile version