Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno recibe ao novo comisario do Corpo Nacional de Policía

Lugo, 4 de xaneiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao novo comisario do Corpo Nacional de Policía na provincia de Lugo, José María Esteban Corral.

Isabel Rodríguez mantivo esta mañá o primeiro encontro con Esteban Corral, que acaba de facerse cargo da xefatura da Policía Nacional na provincia de Lugo. Ademais de darlle a benvida e desexarlle moitos éxitos no cargo, a subdelegada pediulle o máximo compromiso para garantir a seguridade dos lucenses.

A subdelegada destacou que “a brillante traxectoria profesional do novo comisario é unha garantía para todos os lucenses e o seu traballo suporá un importante respaldo para os membros do Corpo Nacional de Policía que desempeñan un labor moi valioso pois teñen encomendada a importante misión de defender a seguridade cidadá na nosa provincia”.

José María Esteban Corral, que ata o seu nomeamento era xefe da comisaría de Policía de Avilés, sustitúe no cargo a fronte da Policía Nacional na provincia de Lugo a Antonio Villamarín, que se xubilou no mes de decembro.

CURRICULO

José María Esteban Corral naceu en Madrid en 1958, é graduado en Criminoloxía e ingresou na Escola Superior de Policía en 1983.

En 1985 foi destinado a San Sebastián e, logo de ascender a inspector xefe, en 1997 foi nomeado responsable da Brigada de Policía Xudicial de San Sebastián. En 1997 foi destinado a Oviedo, onde ocupou postos de Policía Xudicial ata que en 2006 pasou a Seguridade Cidadá, departamento no que chegou a ser xefe da Brigada e tivo a responsabilidade de organizar a seguridade de eventos como a entrega dos Premios Príncipe de Asturias.

Ascendeu a comisario en 2013 e foi destinado a Pamplona como Xefe de Policía Xudicial. En 2015 foi nomeado xefe da comisaría de Irún e dende febreiro de 2017 ata a actualidade foi xefe da Comisaría de policía de Avilés.

A súa traxectoria e os seus méritos profesionais foron premiados con numerosos recoñecementos pois foi distinguido coas seguintes condecoracións: Encomenda de Número da Orde o Mérito Civil, Insignia da Real Orde de Vítimas do Terrorismo, Cruz ao Mérito Policial con distintivo vermello,, dúas Cruces ao Mérito Policial con distintivo branco e Medalla, Cruz, Encomenda e Placa á Dedicación ao Servizo Policial.

Exit mobile version