Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno chama á implicación na loita contra a violencia de xénero

Lugo, 15 de xaneiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, fixo un chamamento hoxe á implicación social na loita contra a violencia de xénero “pois os datos demostran que son moitas as mulleres que sofren esta lacra”.

“As institucións non podemos baixar a garda, sería indecente non protexer ás vítimas da violencia machista”, declarou Isabel Rodríquez que considera
“absolutamente necesario o compromiso de todas as administración e da sociedade no seu conxunto para dar protección ás mulleres vítimas da violencia machista”.

A subdelegada, que deu conta dos datos recollidos na memoria da Unidade contra a violencia sobre a muller da subdelegación do Goberno de 2018,
informou que na nosa provincia o número de casos activos ao comezo deste ano no Sistema VioGen é de 468.

Tamén destacou o feito de que 57 das vítimas teñen máis de un caso con distintos agresores e, ademais, contabilizáronse 73 agresores reincidentes que teñen casos activos con máis de unha muller.

Tocante ao perfil das vítimas, correspóndese cunha muller de entre 31 e 45 anos (42,85% do total), con fillos e de nacionalidade española. Respecto da incidencia de casos de violencia de xénero entre a xente moza, foron 2 as denuncias efectuadas nas que a vítima é minor de idade, o que supón un 0,2% do total de casos coñecidos pola Unidade contra a violencia sobre a muller da subdelegación do Goberno durante o ano 2018.

En canto ao lugar de residencia das vítimas, a subdelegada informou de que o 48% das vítimas son mulleres que viven no concello de Lugo e o 52% residen no resto de concellos da provincia.

Exit mobile version