Foz 17-1-19. O acto alternará a lectura dos poemas recollidos no último libro de Ricardo Seixo, “Versos noctambulos.Abracei a noite para bicar o amencer” con diferentes pezas musicas interpretadas polo grupo Maraxe, conxunto de musica tradicional galega e portuguesa da que tamén fai parte Seixo. “Versos noctambulos” é un poemario composto por 47 textos que abranguen diversas temáticas: poesía cívico-social, costumistas, intimistas, de reivindicación feminina como recoñecemento da fortaleza das mulleres e da súa relevancia na sociedade galega
O repertorio do grupo Maraxe, integrado por diversos apaixoados do canto tradicional e por membro de significados grupos galegos como Verbas xeitosas, Tombalobos Orquestra, ou Os parabéns, está formado por pezas musicais que fan parte do noso repertorio municipal.