Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria denuncia que o Sergas abandona a atención pediátrica sistemáticamente nos Concellos de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros

A Mariña 16-1-19. A Plataforma sanitaria ven de coñecer a ausencia xustificada da pediatra que atende os concellos de Mondoñedo,Lourenzá e Barreiros de novo está sen substituir. Únicamente o Sergas habilitou un/unha facultativa de familia unhas horas en quenda de tarde para a atención protocolizada de nenos de cero a tres anos e para vacinacións.
Se ben esta medida alixeira algo a presión asistencial pediátrica nestas localidades, o realmente grave desta situación é o feito de que as nenas e nenos de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros non son vistos por pediatras cando teñen algunha enfermidade , salvo caso de gravidade, xa que tampouco hai pediatras nos PACS e no sevizo de urxencias do hospital da Mariña son vistos pol@s facultativ@s de urxencias en primeira instancia. Resulta cando menos sorprendente tamén, que o servizo de Urxencias do hospital da Mariña non dispoña de pediatras no mesmo para atender ás nenas e nenos que entran pola porta, sendo dos poucos – por non dicir o único- hospital que carece destes profesionais en urxencias.
Esta situación non é nova e o Sergas sabe da indignación que existe nas nais e pais d@s nen@s destas localidades e cónstanos que as demandas lles chegaron por escrito, pois durante os meses de outubro , novembro e decembro fixéronse efectivas máis de dúascentas cincuenta reclamacións destes tres concellos demandando un servizo de pediatría estable e continuado.
Desde o colectivo sanitario queremos advertir que de tanto tensar a corda co caso da deficiente atención pediátrica na comarca e no país, esta pode romper desencadenando unha rebelión social masiva de consecuencias incertas. “ A Plataforma sanitaria xa está a estudar a situación para analizar e decidir que actuacións levaremos a cabo e que ,en todo caso serán contundentes”- conclúen desde o colectivo.

Exit mobile version