Site icon Crónica3.com A Mariña

“A MARIÑA 2023”, por A. Lage-Seara

O tempo voa, e petan na porta novos retos. Nos vindeiros meses xóganse as cadeiras dos concellos, pero non so iso, estamos ante as portas do futuro, as decisións, vivir ou morrer. Para iso precisamos de líderes preparados globalmente, con visión e misión.

Camiñamos cara un cambio, século XXI con mentalidade do XX. Despoboación do rural fronte ó urbanismo, a incursión das novas tecnoloxías que destruirán emprego, unha inestabilidade política mundial, a problemática do cambio climático, o comercio electrónico e loxística instantánea, o crecemento dos BRICS, países emerxentes, o Novo Banco de Desenrolo xa supera ó FMI ou o Banco Mundial, ou os grandes movementos migratorios derivados do crecemento poboacional…

Ainda que semellemos pequenos, o so batido dunhas alas, pode cambiar o mundo, o efecto bolboreta de Lorenz.

Temos que estar aí para aproveitar oportunidades dos “Ledos e Tolos anos 20”. Teremos que prepararnos para explorar e competir nun mundo que avanza. Aproveitar as nosas riquezas, os colchóns centenarios como o forestal, auga, mar ou minería. Exportar os nosos productos artesáns e ecolóxicos. Un turismo sostible, estable e desestacionalizado e que potencie o Patrimonio Cultural e Natural. Conservación, embelecemento urbanístico e medioambiental, que faigan da Mariña un oasis artístico e belo no deserto. Crear atmósfera emprendedora coma no noso pasado glorioso, e fortalecer vínculos fora da burbulla. Formación e Información, para ser sólidos.

Unha aposta forte por ideas e proxectos, por mentes lúcidas, unirnos, sentarnos xuntos e mancomunar servizos, marcas e texidos por sectores. Aproveitar de nomear embaixadores de A Mariña, ós nosos primeiros espadas, cerebros fugados, que temos moitos navegando polo globo, para que nos axuden a medrar, e ensalzar o mellor desta terra.

Os reis magos non existen, pero sí a ilusión de que nos traian axeitadas corporacións, altura de miras, máis compromiso social e unha ruta con futuro, poñer pedras para levantar muros e non para tropezar nos camiños, menos cousas vanales, máis acción fronte ó resentimento. Dícía o economista Galbraith: Si non pensas no teu porvir, non o terás.

Exit mobile version