No caso de Lugo, Olalla Rodil fixo referencia aos retrasos na construción da estrada Lugo – Santiago, que non conta con novas partidas para o ano 2019, e tamén á A-74 na Mariña que tampouco ter orzamentadas partidas que avanzar na súa construción neste exercicio. Rodil sinalou que falta de compromiso co ferrocarril que “non vai contar cun orzamento para a súa modernización na provincia de Lugo, e seguiremos cun servizo ferroviario do século pasado”.
Rodil sinalou o 20% de redución de investimento en Galiza nun momento en que a precariedade social e laboral, a emigración xuvenil ou o posíbel peche de empresas de relevancia caracterizan a realidade socioeconómica que padecemos. O contraste dos datos con respecto a outras comunidades (Valencia, Cataluña, Andalucía) é simplemente insultante para a sociedade galega. A comparativa da tendencia de investimento en Galiza entre a época en que a representación galega en Madrid negociaba melloras e investimentos para o noso país, vía deputados e deputadas do BNG, e o momento actual é demoledora, e deixa ben ás claras que o sucursalismo político é un pésimo negocio para a sociedade galega.