Site icon Crónica3.com A Mariña

Santos Ramos: “Os socialistas constatamos con feitos o inicio do tramo Barreiros-Foz da Autovía da Mariña”

Lugo, 4 de decembro de 2018. O Secretario do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, apuntou este martes que “os socialistas constatamos con feitos o inicio do proxecto do primeiro tramo da A-74, a Autovía da Mariña”. Fixo esta afirmación tras publicarse no Boletín Oficial do Estado que o PSOE no Ministerio de Fomento xa redactou o proxecto do trazado Barreiros-Foz cumprindo con todos os condicionantes medioambientais e que agora ábrese un prazo para as alegacións públicas.

Santos Ramos mantivo varias reunións de traballo con compañeiros no Ministerio de Fomento para abordar a situación desta vía e trasladarlles a importancia desta infraestrutura para A Mariña. Neste eido, agradeceu aos socialistas de Madrid “o seu compromiso por atender as necesidades da provincia de Lugo, impulsando unha vía de comunicación fundamental e dando resposta a unha vella demanda dos veciños da Mariña que durante anos co PP no goberno do Estado foi rexeitada”.

Exit mobile version