Site icon Crónica3.com A Mariña

Programa de actividades de Nadal no concello de O Valadouro

O Valadouro 18-12-18. A delegación de cultura do concello de O Valadouro, durante o Nadal, organiza unha serie de actividades para todos os públicos. Comezaron na xornada de onte cunha visita moi agardada polos nenos do Valadouro: a Apalpadora.
Todos os anos por estas datas ven desde os montes do Caurel unha personaxe moi peculiar na cultura galega. Como cada vez é máis demandada en toda a xeografía galega a súa visita e, ante a apretada axenda que posúe, ó concello de O Valadouro mandou en representación á súa filla que ten tamén o seu de oficio de apalpador.
Acto seguido, e para nenos e nenas de 3 a 12 anos ábrese un programa de actividades lúdicas no que ata o día 19 se poden inscribir nas oficinas da Casa da Cultura e que se denomina LUDINADAL. As actividades, nesta edición, desenvolveranse nas instalacións da Casa da Cultura durante os días 26,27 e 28 de decembro de 2018 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2019 en horario de 10:30h a 13:30h. A temática xeral do programa trata sobre valores: familia, paz, compañeirismo, igualdade, interculturalidade, solidariedade,…
O 22 de decembro ás 17:00h, no salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro teremos unha exhibición de zumba con nenos do Valadouro. Esta actividade está organizada pola asociación de Nais e Pais do CEIP Santa María do Valadouro.
O 24 de decembro agárdase a visita oficial de Papá Noel ó Valadouro. En colaboración co motoclub Vald´ouro quéreselle facer unha cálida benvida agardando a súa chegada con motos e disfrazados de “papá Noel” na explanada do parque Concepción Arenal de Ferreira. Despois farase un pasacalle polas principais rúas de Ferreira ata o salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro. Unha vez alí, os nenos poderán falar con el e pedirlle os seus agasallos e desexos así como depositar as súas cartas na caixa de correo. O horario previsto, se a climatoloxía o permite, son as 12:00h. na Casa da Cultura.
Na mañá do 29 de decembro a asociación cultural Amado Lar organiza, co seu alumnado cantos de panxoliñas polas rúas de Ferreira recuperando, deste xeito, unha costume de antaño.
Xa pola tarde, para público familiar, no salón de actos da Casa da Cultura do concello de O Valadouro ás 18:00h e organizado pola Deputación de Lugo dentro do programa Nadal pola Provincia, teremos unha sesión contacontos teatralizado da man de Palimoco teatro co espectáculo: ”Queres que cho conte?”. Como de costume, a entrada é de balde.
Rematarán as actividades de Nadal coa Cabalgata de Reis polas rúas de Ferreira a tarde-noite do día 5 de xaneiro para chegar á recepción oficial que se establecerá no Belén Vivinte ubicado na Casa da Cultura de O Valadouro.

Exit mobile version