Site icon Crónica3.com A Mariña

Politica Social subvenciona con 25.000€ obras de mellora no centro de día de menores San Anibal de Burela

Burela 1-12-18. A Consellería de Política Social subvenciona con 25.000€ obras de mellora no Centro de Menores San Aníbal de Burela. En concreto, instálase alumeado led en todo o centro como mellora de eficiencia enerxética. Tamén se renova con pavimento contínuo o parque infantil exterior do Centro e dótase de novo mobiliarioa unha das salas-titoría do Centro.

Estas melloras, que se están a realizar antes de final de ano, únense á ampliación de 2 prazas que dende xullo de 2018 acordou a Consellería de Política Social.

O Centro de Día de Menores San Aníbal é un recurso de ámbito comarcal que conta con 20 prazas e atende a nenos, nenas e adolescentes que contan con expediente de protección por parte da Xunta de Galicia. Actualmente aténdese a menores dos Concellos de Burela, Cervo e Foz.

Exit mobile version