O Pescados Rubén Burela FS visitou esta mañá a Área de Pediatría do Hospital Público da Mariña en Burela, como xa é toda unha tradición nas datas previas ao Nadal. Cristina e Ana Romero, xunto a Juanfran e Ramón Vargas, compartiron un anaco moi entrañable cos nen@s ingresad@s e as súas familias para desexarlles unha rápida recuperación. Os catros xogadores/as laranxas contribuíron co seu graniño de area repartindo ilusión, entregándolles a Uxía, de Viveiro, e Asier, de Ribadeo, uns pequenos agasallos adiantados de Papá Noel, ademais de cadansúa bufanda oficial. Os nosos mellores desexos para Uxía e Asier!!!
