Este concurso, que ten carácter anual, celebrouse o pasado venres, día 14, no colexio La Salle, e participaron 11 coros de colexios das catro provincias galegas.
Neste certame o coro Sagrado Corazón contou con 64 membros, dos case 80 que o compoñen, e estivo dirixido por Mari Carmen Rodríguez Cancelo e Graciela Rolle Sampedro. Interpretaron un popurri de panxoliñas coñecidas e o premio consistiu nun lote de libros, unha reprodución do primeiro mapa de Galicia e unhas lambetadas.
As próximas actuacións do coro serán no festival de Nadal do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, este xoves e no festival de panxoliñas da Coral Polifónica de Ribadeo este sábado.