Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello renderalle homenaxe a Benjamín González Quelle, o que fora cronista oficial de Burela o día 18 de xaneiro

Burela, 26 de decembro de 2018. O Concello renderalle homenaxe a Benjamín González Quelle, o que fora cronista oficial de Burela. Celebrarase o día 18 de xaneiro a partir das 19:00 cunha misa e ás 20:00 horas terá lugar un acto na Casa da Cultura.
O alcalde, Alfredo Llano, contou esta mañá que “hai tempo que tíñamos a idea de facer unha homenaxe a quen foi cronista oficial de Burela, Benjamín González Quelle, que faleceu este ano, non hai moito tempo. Levábamos tempo tratando de organizar cando sería a mellor data para facelo. Por unhas razóns ou por outras fómolo pospoñendo e agora xa o sabemos fixo, despois de telo falado coa familia, co párroco de Burela e con moita xente, e estamos organizando para facerlle un acto homenaxe o día 18 de xaneiro, que é un venres”.
O rexedor burelés explicou que “ás sete da tarde faremos unha misa e despois, ás oito, iremos ao auditorio para facer esa homenaxe onde vai participar xente para lembrar a Benjamín. Poñeremos tamén unha sesión de fotos e haberá música clásica”.
Alfredo Llano dixo: “queremos facer un acto que é moi merecido para Benjamín, e queremos que sexa partícipe todo o mundo de Burela, dado que ademais de ser cronista oficial foi párroco aquí. Foi tamén compañeiro meu no instituto Perdouro”.
O alcalde de Burela engadiu que “cremos que é unha cuestión de mérito e de agradecemento o recoñecemento desta persoa, así que trataremos de facelo o mellor posible o día 18 de xaneiro, a partir das sete da tarde”.

Exit mobile version