Cervo 26-12-18. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, fixeron entrega dos cheques das axudas destinadas a adquisición de libros e material escolar ás familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) do CEIP Península da Paz.
Tal e como apuntou o rexedor, “xa levamos varios anos dispoñendo unha partida orzamentaria para cubrir este tramo educativo, que era o único que non contaba con ningún tipo de axuda pública”.
Alfonso Villares sinalou que, “o fin desta liña de axudas é o de apoiar ás familias e priorizar e potenciar unha área fundamental como é a educación”.