Cervo 19-12-18. O Concello de Cervo denuncia danos intencionados no tendido eléctrico das zonas de Río Cobo e Castelo, que foron detectados no día de onte.
En concreto, cortaron mangueiras das arquetas do alumeado interrompendo o sumistro. Desde que se ten coñecemento da incidencia, os técnicos municipais traballan intensamente no arranxo duns desperfectos que superan os 3.000 euros.
Dende o Concello fan un chamamento ao civismo e reproban calquera tipo de comportamento que atenta, finalmente, contra o ben común, contra servizos que se prestan á veciñanza.
O asunto xa foi posto en coñecemento das forzas de seguridade que están trala pista da/s persoa/s responsable/s.