O rexedor destacou que “desde o Concello sempre estamos aí para tentar axudar a colectivos veciñais como o de Trasbar, que fan un importante traballo altruísta e enchen de dinamismo e actividade o lugar durante todo o ano para beneficio de todos e todas”
O local social estará pois perfectamente acondicionado para recibir a Papá Noel o 23 de decembro a partir das 16:30 horas, e para o brinde que organizan desde a asociación para despedir o ano, o 31 de decembro, entre as 19:00 e as 20:30 horas.