Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG propón converter nun centro de inmersión lingüística o mirador de Mondoñedo

Mondoñedo, 18 decembro 2018. O Bloque Nacionalista Galego presentou unha novedosa iniciativa a respecto dos usos que se lle poden dar ao Mirador de Mondoñedo, despois de que este inmoble, de titularidade da Deputación Provincial leve mais dunha década sen actividade e deteriorándose día a día, e despois de de resultar fallido o proceso de venta do inmoble realizado pola institución provincial no 2011, ao non haber daquela propostas de adquisición.
O portavoz do BNG en Mondoñedo, Eloi Cabanas e os deputados Antonio Veiga e Xosé Ferreiro, acompañados de representantes de colectivos mindonienses presentaron esta iniciativa que xurdíu precisamente do tecido asociativo de Mondoñedo en xaneiro deste ano nunha reunión coa corporación municipal.
A inmersión lingüística é un método de ensinanza de idiomas que pretende mellorar a formación dos alumnos interesados no coñecemento dunha segunda lingua por medio de cursos intensivos.

O Centro de Inmersión Lingüística, referencia de Mondoñedo e a A Mariña para Galiza e o Estado
As instalacións do Mirador de Mondoñedo poden ser ideais para acoller esta actividade de formación e convivencia xa que se encontra ubicado nun lugar illado da cidade de Mondoñedo, o que permite realizar estas actividades de inmersión sen a distracción doutros ambientes. “A situación xeográfica de Mondoñedo é propicia para a ubicación este tipo de centro, e sería unha magnífica referencia para a cidade e para a comarca da Mariña” explicou o deputado mariñao Antonio Veiga.
O perfil dos alumnos ao que estaría dirixido o centro serían adultos, xóvenes, empresas ou colexios que poderían optar a programas formativos,cursos, másteres e campamentos de inmersión, en niveis básico, intermedio e avanzado.
Nas instalacións do Mirador poderíanse prestar os seguintes servizos: aloxamento, cafetería, comedor, piscina, equipamentos de ocio e zonas verdes. Para iso estas instalacións deberían contar tamén con aulas para impartir as clases, mobiliario e equipamento didáctico, salas de usos múltiples, cociña, dormitorios, zonas verdes e de ocio, o que se debería ter en conta nas vindeiras fases.

Poñer fin ao deterioro do inmoble
Con esta proposta, desde o BNG pretenden tamén que deste xeito se poña fin a unha década de deterioro continuo destas instalacións públicas que xa no ano 2017 recibiron 274.000€ para a primeira fase da súa rehabilitación a través dun obradoiro de emprego, e nos orzamentos para 2019 da Deputación, titular do inmoble destínase unha partida de 300.000€ para continuar a rehabilitación. “Hai que ser moi escrupulosos coas inversións de diñeiro público e rendabilizálas ao máximo para conseguir a súa eficacia ”, manifestou o deputado Xosé Ferreiro.

O BNG agarda que esta proposta conte con unanimidade nos plenos da Deputación e do Concello
Para o BNG, a unanimidade que houbo no pleno da corporación mindoniense do 29 de setembro de 2017 donde todos os grupos acordaron instar á Deputación de Lugo a presentar o proxecto definitivo de posta en valor do inmoble e a correspondente consignación orzamentaria tén que volver a verse reflectida tamén nos vindeiros plenos do organismo provincial e do concello de Mondoñedo. “Agardamos que a nosa proposta reciba tamén o respaldo unánime de todos os grupos, en Lugo e en Mondoñedo”.afirmou o portavoz do BNG mindoniense, Eloi Cabanas.

Exit mobile version