Site icon Crónica3.com A Mariña

Mellorados 10 quilómetros de 5 estradas nos concellos de Xermade e Abadín

Lugo 25-12-18. Contaron cun orzamento da administración provincial de 500.000 euros. Son un total de 5 estradas e 10,4 quilómetros os que se rehabilitarán en 3 vías no Concello de Xermade, nas que se investirán 292.000 euros, e noutras 2 no Concello de Abadín, con 173.000 euros. Concretamente, as actuacións que se realizarán son:

En Xermade, melloraranse un total de 7,4 quilómetros en 3 estadas que dan servizo a preto de 2.000 veciños deste Concello:
– LU-P-2201, de Candamil por Xermade a Pedrón: actuarase nos primeiros 2,2 quilómetros desta estrada, entre os puntos 0,0 e 2,2. Trátase dunha estrada vital para o municipio, porque é o acceso principal ao municipio polo este, dende Vilalba; ademais de ser a vía que conduce cara a Ferrol.

– LU-P-2202, de Pedreira a Casanova: Os traballos de mellora levaranse a cabo en 1,9 quilómetros entre o punto quilométrico 0,0 e 1,9. Esta estrada é moi importante para o municipio, porque supón un atallo para dirixirse a Muras. Na zona viven máis de 500 veciños e transcorre por parroquias como Lousada e Roupar.

– LU-P-2206, de Roupar por Lousada a Vilapedre: Nesta estrada actuarase en 3,3 quilómetros, desde o punto quilométrico 1,9 a 5,2. É unha das vías que comunica o Concello con Vilalba. Dá servizo aos veciños das parroquias de Roupar e Vilapedre.

En Xermade, melloraranse un total de 3 quilómetros en 2 estadas que dan servizo a uns 200 veciños deste Concello:
– LU-P-0107, de Abadín a Fanoi: Actuarase nos 2,2 quilómetros desta estrada, entre os puntos 0,0 e 2,2, que conecta a parroquia de Fanoi, que conta cun cento de veciños, co núcleo de Abadín.

– LU-P-0110, de Foxas a Aldixe: Os traballos de mellora levaranse a cabo en 800 metros entre o punto quilométrico 0,0 e 0,8. Trátase dunha zona na que viven uns 100 veciños da parroquia de Aldixe.

Exit mobile version