Ribadeo 3-12-18. Mais de cen persoas de todas as idades achegáronse o sábado, 1 de decembro, ao stand informativo sobre VIH-Sida, que o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos instalou na rúa Rodríguez Murias, con motivo da celebración do Dia Mundial de Loita contra o VIH-Sida.
Mónica Fernández Lamparte, a responsable do programa de Prevención de Drogodependencias do Concello de Ribadeo, tivo palabras de agradecemento: “grazas á asociación ASEDUC e ás súas educadoras Vivi e Sandra polo traballo realizado e por desprazarse desde A Coruña. Grazas ás farmacias e a outros establecementos por compartir nos seus locais os folletos e preservativos que lles demos. Grazas aos traballadores que nos montaron o stand e grazas a Gráficas Santiago por prestarnos pisa papeis para lograr loitar contra o vento. Ademais de información repartíronse camisetas, distintos folletos informativos, preservativos, marca-páxinas,etc….”.
E engadiu: “estamos moi felices da gran acollida que tivo esta actividade. Podedes ver máis información e fotos na páxina que o programa ten en Facebook AdiccionsZeroRibadeo ou en Instagram co mesmo nome”.
