Este Belén, que poderá visitarse no atrio da Igrexa de Santa María ata o 13 de xaneiro de 2019, está considerado como un dos máis importantes de Galicia e destaca pola súa beleza, pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto e por instalarse nun enclave histórico-monumental único.
Pode considerarse como un dos referentes do Nadal galego e dende o concello constátase como cada ano se incrementa o número de visitantes, sendo frecuente recibir chamadas de asociación ou centros educativos, tanto de Galicia como de fóra de Galicia, pedindo información para organizar excursións co fin de visitalo.
Dende o concello enténdese que tanto o Belén “Viveiro ante o Berce” como o alumeado de Nadal son dous elementos fundamentais para crear o ambiente propio do Nadal, resultando ser en ambos casos importantes dinamizadores dende un punto de vista económico e turístico.