Lugo, 03 de decembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu, coma un afeccionado máis, ao partido de baloncesto que, con motivo do Día internacional da discapacidade, xogaron os equipos das entidades sociais Aspnais de Lugo e Fundación EuSon de Burela, disputado no Pazo de Deportes da capital provincial.
O delegado aproveitou a ocasión para reafirmar o compromiso da Xunta en apoio das entidades asistenciais lucenses, para traballar da man coa administración autonómica, por unha sociedade máis inclusiva e igualitaria. Tamén gabou o papel dos participantes nesta competición “que amosan ser campións na cancha e na vida, superando retos e dificultades”