“Ao PSOE afúndenselle ata os barcos” dixo Xosé Ferreiro que pediu a retirada do catamarán do Miño e sinalou que “esta é unha mostra máis do desgoberno da Deputación e da falta de atención ao patrimonio da institución”. Ferreiro lembrou que “recentemente investiuse unha cantidade considerable na reparación da embarcación que está a punto de afundirse”.
O voceiro do BNG tamén sinalou que “en diversas ocasións o BNG propuxo, a través de Rubén Arroxo, o acondicionamento dos pantaláns que se utilizaban para o servizo de Catamarán na zona dos Robles” e engadiu “a actitude do PSOE nos gobernos consiste en privatizar os servizos e esquencerse de vixiar o seu bo funcionamento, incluso esquecendo a atención a elementos patrimoniais da Deputación como é o caso desta embarcación que se deteriora no Miño e está a piques de afundir”.