A Peña Tranquila fundouse o 10 de setembro de 1969 e dende entón xoga cada semán a loterías e quinielas. Actualmente ten a sede no restaurante A Ribeira, de Benquerencia, onde se celebrou esta comida anual. Todos os seus compoñentes están vinculados a esta parroquia malia que algúns residen agora noutras localidades.