Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Burela acolle este mércores o Concerto en Familia, que organiza a Escola de Música

Burela, 18 de decembro de 2018. Dentro da programación de actividades que organiza a Escola de Música, inclúese  o xa tradicional concerto de Nadal denominado Concerto en familia.
Segundo conta o director da Escola “participarán neste recital alumnos e alumnas de todas as idades, dende os mais pequenos, agrupados nos colectivos de Música e Movemento e Formación Básica, que levarán adiante coreografías e cancións propias destas datas e ideadas polo seus mestres. Tamén contaremos con todas as agrupacións da Escola, como son o grupo de jazz, agrupacións de corda, coro, cantantes e rematando coa Banda de Música dirixida por Bruno Álvarez”.
Este é un concerto público e gratuíto, “onde os alumnos amosarán o seu bo facer por medio do traballo que realizaron durante este primeiro trimestre do curso”, engade Xan Carballal.
O concerto será este mércores, 19 de decembro, ás 20 horas na Casa da Cultura. Os asistentes poderán escoitar pezas de Mozart, Anderson, Guthrie ou Leopoldo González, entre outros.

Exit mobile version