Mondoñedo, O Valadouro, Barreiros, San Cibrao, Viveiro, Foz…..foron algúns dos concellos donde o BNG mariñao fixo actos informativos e instalou mesas para recollidas de sinaturas e divulgación de información. A campaña vai seguir desenvolvéndose nas vindeiras semanas no resto dos concellos con actos públicos e recollida de sinaturas.
Mocións aprobadas nos concellos
As mocións que o BNG está presentando nos concellos, e nas que se pide a reducción do Imposto de Valor Engadido sobre a electricidade do 21% ao 4%, a exclusión de Galiza da orde definitiva para a tramitación dos suplementos territoriais, e a modificación da Lei 24/2013 de 26 de decembro do Sector Eléctrico de forma que se permita a regulación dunha Tarifa Eléctrica Galega, están sendo aprobadas nos concellos donde xa foron tratadas en pleno, coma no caso de Barreiros, Burela ou O Valadouro.
Acto informativo en Foz
O último acto público informativo celebrado foi en Foz esta fin de semana, acto no que interviron Francisco Xavier Fanego, responsable local do BNG en Foz, Xosé Paleo, de CIG – Industria, e a deputada Olalla Rodil. Acto no que o público trasladou tamén as súas opinións e reivindicacións aos ponentes, quenes defenderon que Galiza ten dereito a controlar os seus recursos enerxéticos e para iso é fundamental poñer fin a esta situación de explotación e reclamar capacidade normativa para poder tomar as decisións referentes a todos os aspectos do desenvolvemento enerxético. “Sí é posíbel avanzar progresivamente para establecer medidas que compensen tantos anos de espolio sen recibir nada a cambio. Son decisións políticas que debemos tomar para corrixir un agravio histórico e por xustiza social” afirmou Olalla Rodil.