A Banda de Música ofrecerá o tradicional Concerto de Nadal co que cada ano felicita as festas a todo o pobo. Este concerto é xa un clásico do día de Nadal, xa que se celebra desde hai máis de 20 anos. Ademais das tradicionais panxoliñas, tocaranse obras con instrumentos pouco frecuentes como unha bicicleta ou un yunque.