Alves, no 9, e Peque, no 10 contra o pau, avisaron das intencións das laranxas que despregaron o seu maior perigo e ocasións nos tres minutos seguintes. Con todo foi o Poio o que estreou o luminoso, no 13, de estratexia, cun córner que materializou a ex do Pescados Rubén, Ceci, desde os doce metros. No 16 Iria Saeta evitou o empate, pero o merecido gol chegou no 19, a sempre máxica Cilene puxo as táboas nunha xogada individual pola banda que gañou no un contra un. Foise o Burela FS coa sensación de merecer máis por dominio, xogo e ocasións.
Aos 36 segundos do reinicio, as pontevedresas volveron adiantarse no luminoso con Ale de Paz, de novo de estratexia, fronte a un balón ao que as de Julio Delgado se adiantaron, superando as súas costas as pontevedresas. Con todo, as táboas regresaron no minuto 23, con diana de Dany, tras recuperación e asistencia de Peque. Asociáronse de novo Peque e Dany para poñerse por primeira vez por diante, no 33; a 7 laranxa apoiouse na posición de pivote da brasileira para culminar unha bonita xogada. E tan só un minuto despois Alves, de dobre penalti, ampliou distancias. Quixo ir polo partido Poio con xogo de cinco sen éxito fronte á solidez das da Mariña.
Ficha técnica
Poio Pescamar FSF: Silvia Aguete, Ale de Paz, Ceci, Jessi, Dani, cinco inicial; tamén xogaron Ire, Iria, Jenny, Carol
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Lara Balseiro, Alves, Cami
Goles: 1-0, minuto 13, Ceci; 1-1, minuto 19, Cilene; 2-1, minuto 21, Ale de Paz; 2-2, minuto 23, Dany; 2-3, minuto 33, Peque; 2-4, minuto 34, Alves
Árbitros: Martínez Torres // Roldán Pérez. Por Poio amarela para Iria, Carol, Jenny Lores. Por Burela amarela a Jenny.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado na Seca.