Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 50 alumnos de 1º e 3º da ESO do IES Marqués de Sargadelos, visitaron este venres a mostra “Os primeiros Poboadores da Mariña”, que se pode ver na planta baixa do Concello ata o 30 de novembro

Os rapaces recibiron unha clase teórico-práctica da man do director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, Eduardo Ramil. Xa pola tarde, ás 20:00 horas, Ramil ofrecerá unha conferencia aberta ao público no salón de plenos do Concello. Os actos están promovidos pola asociación Mariña Patrimonio e Fervenza de Sargadelos, en colaboración co Concello de Cervo.

Exit mobile version