O edil burelés contou que “desde o Concello de Burela queremos anunciar que, desde hoxe, empezan a facer prácticas na empresa de limpeza que traballa co Concello, en Geseco, os tres veciños de Burela que estiveron facendo un curso de inserción laboral relacionado coa limpeza”.
O concelleiro de Servizos dixo que “Geseco se brindou para poder acoller as prácticas destes veciños que fixeron este curso. Estamos encantados de que as empresas que traballan co Concello teñan esa conciencia social, que tamén lles pedimos para colaborar coas distintas actuacións no pobo”.
Ramiro Fernández Rey espera que “estas prácticas lles sirvan a estes traballadores para nun futuro poder ter unha inserción laboral no sector da limpeza. Van coñecer o funcionamento dos distintos departamentos que ten esta empresa en canto a limpeza viaria e tamén en tratamento de residuos e van saber perfectamente como funciona”.
Xunto a estes tres rapaces estiveron os concelleiros de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e Servizos, Ramiro Fernández
Este último quere ademais “agradecer tamén á Cruz Vermella que faga estes cursos de inserción laboral que son moi importantes. E esperemos que nun futuro poidamos ter a esta xente que fai estes cursos traballando con nosoutros”.