Foz 7-11-18. A Festa da Palabra ten continuidade xoves 8 de novembro ás 20·30 no Cenima de Foz cunha espectáculo a cargo de Touporroutou Teatro, grupo de teatro ligado a Asociación cultural A Pomba do Arco, que poñera en escena un espectáculo basado no pemario Manuel María Os soños na gaiola.
Os soños na gaiola é unha obra clásica da literatura galega da que este ano se cumpre o cincuenta aniversario da súa publicación, pretendo ser esta montaxe unha homenaxe da asociación ao autor da mesma, o poeta Manuel María, persoa moi ligada á vila de Foz e primeiro socio de honra d´A Pomba do Arco.
A lectura dos textos poéticos de Manuel María irá acompañado dun espectáculo teatral e musical por un grupo teatral que xa levou ao escenario dúas obras de teatro e que anuncia un novo estreo para o 15 de decembro deste ano. A compañía esta formada por diversos socios da agrupación, sendo os responsábeis da montaxe e do espectáculo do Touporroutou no Antroido focego.
A Festa da Palabra rematará o venres 9 de novembro ás 20:30 cun recital a cargo de Ismael Ramos e Olga Novo, dous dos autores máis relevantes do actual panorama literario galego.