Mondoñedo, 28 de novembro de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa directora de Galicia de Telefónica, Marta Menéndez, na que abordaron os plans previstos pola compañía na localidade.
En concreto, a responsable da compañía de telefonía informou á rexedora dos investimentos que teñen previsto facer en Mondoñedo para mellorar a calidade do servizo. Así mesmo, Marta Menéndez confirmou que estas actuacións se acometerán de xeito inmediato.
Resposta aos veciños de Estelo e Tronceda
A maiores, a rexedora tamén puido saber que todos os expedientes de reclamación cursados polos veciños e veciñas de Estelo e Tronceda foron contestados tras ter cursada a reclamación. Cando se produciu a situación de corte no servizo, a finais do pasado mes de outubro, a rexedora esixira a súa restitución, así como a reclamación de danos e prexuízos para as persoas afectadas.