A Mariña 19-11-18. A Asociación da comarca da Mariña Tá en artes convida ós concellos, centros escolares, asociacións culturais e cidadania en xeneral, á exposición antolóxica de Juan Puchades Quilis no Museo Provincial de Lugo este martes 20 de Novembro, ás 20 horas. Con este acto a Asociación cultural Tá pecha o ano adicado a este artista mindoniense dentro da programación establecida. Catro actos dende o mes de abril de 2018 no que se deenvolveron aas seguintes actividades:
1- Acto de Homenaxe en Mondoñedo con unha exposición colectiva de exalumnos/as do mestre, 49 obras 17 artistas e 500 catálogos, que foi amplamente visitada, e que contou ca colaboración e subvención do Concello de Mondoñedo.
2- Semana das artes da Mariña na súa quinta edición da Semana das Artes plásticas da Mariña, na que se mostraron 33 obras de 21 artistas mariñáns, e pola que pasaron máis de 2000 persoas. Esta mostra foi visitado por máis de 1700 alumnos/as dos 29 centros de ensino da Mariña. Contou con 500 catálogos e o apoio económico da Deputación e o concello de Foz.
3- Exposición dos centros escolares da Mariña dentro do 1º Premio Juan Puchades Quilis, subvencionado polo concello de Mondoñedo con 2.600 euros para as catro categorías educativas. Está pendentes de publicación 250 exemplares da Primeira revista escolar de arte da Mariña, na que se recollen os traballos de estudantes e profesores/as e contou 780 alumnos/as e 80 profesores dos centros da Mariña : EEI San Roque. Viveiro, Ceip Fondo Nois. Foz, Ceip Alvaro Cunqueiro. Mondoñedo, Ceip Vista Alegre. Burela. Aspanane, Viveiro, Ceip Castro de Ouro. Alfoz, IES Alfoz- Valadouro, IES Vilar Ponte. Viveiro, IES Monte Castelo. Burela, IES de Foz, IES Dionisio Gamallo. Ribadeo, IES San Rosendo de Mondoñedo.
4- Exposición antolóxica no Museo Provincial, organizada pola Deputación de Lugo e que recolle a faceta profesional de Juan Puchades Quilis, nado en Valencia e profesor no IES San Rosendo de Mondoñedo .
Esta Asociación agradece a colaboración prestada polos diferentes organismos oficiais, e sobre todo, a implicación dos/as profesores/as dos centros escolares implicados da Mariña, que resposta á consecución dos obxectivos que perseguimos para que o coñecemento dos creadores sexa traballado na teórica e práctica, para contribuír a un espazo de formación que non garante o Ensino Público.
Esta Asociación quere agradecer explicitamente o traballo da Pomba do Arco de Foz, que coincidindo ca Semana das Artes Plásticas, celebra unha serie de conferencias sobre a Arte, e que son únicas xornadas específicas sobre este tema, axudando así na formación neste campo os/as alumnos/as e a poboación en xeneral a cubrir un campo valeiro na Comarca.