Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda xuntanza do colectivo En Marea de Ribadeo

Ribadeo 29 de Novembro de 2018. Este mércores celebrouse a segunda xuntanza do colectivo En Marea de Ribadeo con asistencia de nove persoas. Tratáronse temas organizativos e obxectivos a curto prazo, entre eles a ampliación e información do colectivo, o traballo en asuntos sociais, as eleccións municipais, etc. A próxima xuntanza terá lugar no Cantón Bar o mércores, día 12 de decembro, ás 20,30 horas. Na orde do día estará o regulamento e comezarase a falar das próximas eleccións municipais, a mais dos temas que propoñan as persoas asistentes. Se se aproba o regulamento, probablemente se procederá a alexir a unha persoa para participar no coordinadora comarcal. Quedan invitadas tódalas persoas que desexen asistir e lembramos que na páxina web de En Marea poden atoparse os documentos políticos, o código ético e calquer asunto de interés.

Colectivo En Marea de Ribadeo

Exit mobile version