Santos Ramos trasladou aos representantes dos traballadores a postura do Goberno Socialista en España en relación a esta problemática. Neste eido, explicoulles que haberá unha mesa de traballo conxunta na que participará o Executivo Estatal, o Galego e o Asturiano, así como diferentes axentes sociais implicados para buscar unha solución que sexa o máis rápida e viable posible co fin de evitar o peche das factorías da Coruña e Avilés e manter, deste xeito, máis de 700 postos de traballo.
O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo subliñou “o compromiso do Goberno Socialista para ofrecer, antes de que remate o ano, un paquete de medidas que estimulen a actividade e competitividade da industria electrointensiva no territorio, ademais de activar a subasta de interrumpibilidade”.
“Ábrese un escenario de esperanza, na que os socialistas proporemos alternativas de futuro para as plantas de Galicia e Asturias, elaborando un marco estable no ámbito enerxético para este tipo de industria”, engadiu Santos Ramos.